Mide uns 20 cm e é estival. Ten as costas, a mitra as ás e o rabo negros,a cara e o papo marróns e o ventre, o peito e a parte inferior das ás brancas. Poucas veces se pousa se non é para durmir e fai os niños en forma de cunca en teitos de edificios. Ten o rabo moi gallado.
Andoriña común |
Andoriña común (grupo) |
Andoriña común (voando) |
Andoriña común (grupo) (novas) |
Mide case 15 cm. Ten as costas, as ás e o rabo pardos con riscas en distintas tonalidades, a cara tena gria azulada cunha risca ocular negra e o papo e o ventre tenos grises azulados tamén.
Azulenta común |
Avefría europea (Vanellus vanellus)
Mide uns 30 cm e é invernal. Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo dun verde moi escuro. O curuto teno negro cunha crista máis larga no macho. A cara tena branca, excepturando unha liña de debaixo dos ollos que é negra e o papo e o ventre tenos brancos.
Avelaiona común (Strix aluco)
Mide uns 40 cm . Ten costas, mitra, e curuto riscados de distintas tonalidades de marrón. A cara tenca marrón claro cunha X entre os ollos. O ventre e o papo tenos brancos pencados de marrón. O seu canto e o famoso “uu-uu-uu-uu” que normalmente se lle atribue á curuxa.
Bubela común (Upupa epops)
Mide sobre 27 cm . Ten as costas, e a cabeza laranxas, esta última acabada nunha crista laranxa e negra. As ás, a mitra e o rabo tenos a raias brancas e negras. Comunmente vense pousadas no chan. É coñecida polo seu desagradable olor, que ten por facer o seu niño con excrementos.
Carrizo común (Troglodytes troglodytes)
É o segundo paxaro máis pequeno de Galicia, con so uns 10 cm . Ten a mitra e as costas marróns coas ás e o rabo riscados de negro, o ventre tamén marrón pero máis claro e unha risca ocular branca. Son fáciles de recoñecer pola posición do seu rabo, as veces case perpendicular ao corpo. Fan niños esféricos coa entrada no lateral.
Carrizo común |
Carrizo común (novo) |
Cegoña branca (Ciconia ciconia)
Mide sobre 1 m e é estival en gran parte de Galicia. E branca exceptuando o cabo das ás, que é negro. O seu peteiro e as súas patas son laranxas.
Cegoña branca |
Cegoña branca (grupo) |
Chasco común (Saxicola torquata)
Mide case 13 cm . O macho ten as costas marróns pencadas, as ás e o rabo marrón escuro e a mitra, unha liña que separa as ás e as costas e outr liña no pescozo brancas. A súa cabeza é negra, o papo e a parte do ventre máis próxima a el laranxa apardazado e o resto do ventre brancos. A femia e similar pero co papo menos laranxa e a cabeza marrón.
Chasco común (femia) |
Chasco común (macho) (estival)
|
Chasco común (macho) (plumaxe intermedio) |
Corvo viaraz (Corvus corone)
Mide case 50 cm . É totalmente negro, tanto as plumas coma o peteiro e as patas. Moitas veces vese en grupos de corvos de 4 ou 5 exemplares.
Corvo viaraz |
Cuco común (Cuculus canorus)
Mide sobre 35 cm e é estival. O macho ten as costas, a mitra, a cabeza e o papo cincentos, as ás algo máis escuras e o rabo negro. O ventre é cincento e branco a raias. A femia e algo máis parda. É famoso polo seu canto: un ”cu cu”, “cu cu” e por non facer niño, senón poñer os ovos nos niños do carrizo, a lavandeira, a azulenta, a papuxa das amoras e o paporrubio, de forma que estes alimenten ás súas crías.
Curuxa común (Tyto alba)
Mide uns 35 cm . Ten as costas dun claro marrón dourado pencado de branco e marrón escuro. A súa cara en forma de corazón e de cor branco. Tamén o ventre e o papo son brancos. O seu canto e un longo “xxxxxxxxxxxx”.
Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)
Mide pouco máis de 15 cm . Ten a cara amarela e negra a raias, as costas avermelladas e riscado de negro, as ás pardas riscadas de branco, a mitra marrón claro, a parte superior do rabo parda e riscada de negro e a parte inferior deste branco e negro. O seu ventre é amarelo de o seu papo da mesma cor ca mitra. En niños a baixa altura pon os ovos a os que lles debe o seu nome: teñen raias irregulares que parecen escritas.
Escribenta liñaceira (femia) |
Escribenta liñaceira (macho) |
Estorniño negro (Sturnus unicolor)
Mide aproximadamente 20 cm . A súa plumaxe estival é completamente negra. Durante o inverno son máis claros e algo pencado de gris. E moi gregario, vive cría e viaxa en grandes bandadas de ata centos de individuos.
Estorniño negro (gran bandada) |
Estorniño negro (bandada) |
Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
Mide uns 20 cm e é invernal. A súa plumaxe invernal (que en Galicia é a importante) é negra con irisación verdes ou violetas todo cheo pencas brancas ou beiges. É gregario e durante o inverno mestúrase nas bandadas dos estorniños negros.
Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)
É o paxaro máis pequeno de Galicia cos seus case 10 cm , medio menos ca o carrizo. O macho ten a cara branca e negra a raias, con partes grisaceas, o papo cor crema, as costas, a mitra e o rabo oliváceos e as ás negras, brancas e oliváceas, o seu rasgo máis característico e que ten o curuto laranxa. A femia e coma el pero co curuto amarelo. Pendura o niño entre as follas de arbores ou arbustos.
Ferreiriño abelleiro (Parus major)
Mide case 15 cm . Os dous sexos teñen as costas e a mitra oliváceas, as ás grises riscadas de branco, as fazulas brancas e o resto da cara e a cabeza negros, o papo e o ventre marelos, exceptuando unha raia negra que os recorre. O rabo é cincento e branco.
Ferreiriño bacachís (Parus caeruleus)
Mide algo máis de 10 cm . Ten as costas e a mitra oliváceas, o rabo, o curuto e as ás azuis, estas últimas cunha risca alar branca. Ten as fazulas brancas, o papo e o ventre amarelo , cunha raia negra no ventre. É moi activo, non para de moverse e pendurarse das polas.
Ferreiriño común (Parus ater)
Mide pouco máis de 10 cm . Ten as costas, o rabo e as ás azuis, estas con riscas brancas. As fazulas e o curuto son negras, e o resto da cara e parte do papo son negros. O resto do peito e o ventre son brancos. É moi activo e móvese continuamente, pendurándose cabeza abaixo das polas.
Ferreiriño común |
Ferreiriño cristado (Parus cristatus)
Mide pouco máis de 10 cm. Ten as costas, a mitra, as ás e o rabo marróns e o ventre e o peito brancos ou cor crema. a cara tena branca cunha raia negra inferior ao ollo que se une a risca ocular, que tamén é negra. No curuto ten unha crista branca e negra que o fai facilmente diferenciable. Igual ca especie anterior tamén é moi activo.
Ferreiriño cristado |
Mide case 15 cm, pero parte deles constitúeos o rabo. Ten parte das costas, as ás e o rabo negros, o curuto, a cara e o papo brancos, e o resto das costas e o ventre rosas.
Ferreiriño subeliño |
Fulepa amarela (Hippolais polyglotta)
Mide pouco máis de 12 cm e é estival. Ten as costas, a mitra o curuto, as ás e o rabo oliváceos e o papo e o ventre amarelos. Tamén ten risca ocular amarela.
Gabeador común (Certhia brachydactyla)
Mide pouco máis de 12 cm . Ten as costas e as ás pardas riscadas, e a mitra e o rabo marrón claro. A cella, o ventre e o papa
o son brancos. O seu nome débese á súa costume de subir e baixar polos trocos das árbores camiñando.
Gabeador común |
Gabián común (Accipiter nisus)
Mide uns 35 cm o macho e case 40 o macho. O macho ten as costas, as ás, a mitra e o rabo gris escuro, a risca ocular e o curuto tamén grises e o resto da cara brancos. O papo e o ventre tenos brancos e grises a raias. A femia diferenciase en que as partes grises, en vez de desta cor son azuis, en que o papo teno vermello polas beiras e o vente e o resto do papo están riscados de branco e laranxa.
Garza real (Ardea cinerea)
Mide cas 1 m . Ten as costas, parte das ás, a mitra e o rabo grises, o cabo das ás negro unhas raias negras no pescozo e o resto do corpo branco.
Garza real (habitat terrestre) |
Garza real (habitat mariño) |
Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)
Mide uns 35 cm .O macho ten costas, mitra, rabo e curuto marróns riscadas de negro , e as ás negras e algo marróns. A cara tena grisacea e negra e o papo e o ventre tenos brancos, tamén pencados de negro. A femia diferenciase do macho en que ten o curuto, a mitra e o rabo grises. As súas ás acaban en punta.
Lavandeira branca (Motacilla alba alba)
Mide uns 17 cm , pero gran parte destes ocúpaos o rabo. O macho ten as costas grises, as ás e o rabo negros riscados de branco, o papo e o curuto negros. A cara e o ventre son brancos. A femia diferénciase en que a parte traseira do seu curuto non é tan negra coma a do macho. Case sempre anda no chan e movendo o rabo continuamente de arriba a abaixo.
Lavandeira branca (femia) |
Lavandeira branca (macho) |
Lavandeira branca (nova) |
Lavandeira real (Motacilla cinerea)
Mide case 20 cm. Ten as costas e o curuto grises, liña ocular branca e as ás e o rabo negros. A femia sempre e o macho no inverno teñen o papo e parte do ventre brancos e a mitra e a parte restante do ventre amarelos, pero no verán o macho ten o papo negro e o ventre amarelo.
Lavandeira real (femia) |
Laverca común (Alauda arvensis)
Mide uns 17 cm . Excepto o ventre, todo o seu corpo é marrón algo oliváceo con riscas brancas nas ás e máis escuras no resto. O ventre é branco. Normalmente anda polo chan.
Liñaceiro común (Carduelis cannabina)
Liñaceiro común (Carduelis cannabina)
Mide pouco menos de 15 cm. O macho durante o verán (plumaxe estival) Ten as costas pardas, as as pardas e negras nas puntas, o rabo negro, a mitra branca e a cabeza parda excepto a fronte, que ten vermella. O peito teno tamén vermello unha liña branca no medio e o ventre teno branco. A femia e o macho o resto do ano é igual pero coa fronte gris e o peito cor crema riscado de escuro.
Liñaceiro común (macho, estival) |
Merlo común (Turdus merula)
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Mide case 20 cm . Ten o rabo, as costas, o ventre e as ás negros, a cabeza marrón e o papo branco. Ten ese nome porque vive ondas os ríos e póusase nas pedras que deles sobresaen.
Miñato común (Buteo buteo)
Mide uns 50 cm . Dependendo da zona e do exemplar pode variar dende ser totalmente marrón a ter a cara, o papo e o ventre case brancos. As súas ás acaban en varias plumas.
Miñato común |
Miñato común (voando) |
Moucho común(Athene noctua)
Mide uns 25 cm . Ten as costas, a mitra,o rabo e as ás marróns pencados de branco. O papo e o ventre tenos brancos e marrón a raias.
Ouriolo común (Oriolus oriolus)
Mide case 25 cm e é estival. O macho ten todo o corpo menos as ás e parte do rabo amarelos. Estas dúas partes son negras, as ás con risca alar amarela. A femia ten as costas e o rabo verdes, a mitra amarela, as ás verdes e negras e o papo branco riscado de verde. É moi esquivo, non se acerca á xente.
Ouriolo común (macho, novo) |
Mide uns 13 cm e só se ve nos pasos, especialmente en septembro. A femia ten as ás, a cabeza, o rabo, as costas e a mitra grises, con múltiples riscas brancas nas ás. O papo e o ventre tenos brancos. O macho en plumaxe invernal e igual pero con unha mancha branca sobre o pico, e durante o verán e similar a durante o inverno pero coas partes superiores negras.
Papamoscas negro (femia) |
Papamoscas negro (macho) (plumaxe intermedio) |
Paporrubio común (Erithacus rubecula)
Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)
Mide algo máis de 15 cm . O macho ten as ás, o curuto e o rabo negros, as costas grises, a mitra branca e o papo e case todo o ventre vermellos. Ten risca alar branca. A femia é case igual pero ten o papo e o ventre dun laranxa pardento.
Papuxa das amoras (femia) |
Papuxa das amoras (macho) |
Pardal común (Passer domesticus)
Mide uns 15 cm . O macho ten as ás, as costas e o rabo riscados de distintas tonalidades de marrón, o ventre branco, o papo negro, a cara branca e marrón, o curuto gris e a mitra marrón claro. Ten risca alar branca. A femia ten todo o corpo menos o ventre, que o ten cor crema, marrón con riscas, pero non tan acentuadas coma no macho. Pode haber exemplares con distintos tons segundo a zona. Os niños fainos comunmente en casetos ou casas en ruínas.
Pardal orelleiro (Passer montanus)
Mide case 14 cm . Ten as ás e as costas riscadas de distintos marróns, a mitra marrón claro e o rabo e o curuto marrón máis escuro. O papo teno un pouco negro e na cara ten unha mancha tamén negra. O resto da cara, o resto do papo e o ventre son brancos.
Pardal común |
Pardal común (parella) |
Pardal orelleiro (grupo) |
Paspallás común (Coturnix coturnix)
Mide algo máis de 15 cm e é estival. O macho ten as costas, a mitra, o rabo e as ás marrón escuro con riscas brancas e negras. Gran parte do papo e o ventre son cor crema. Ten a cella branca e a parte do papo de máis cerca da cara branco e negro a raias. A femia diferenciase en que esta parte do papo tena completamente brancas.
Pega marza (Garrulus glandarius)
Mide case 35 cm . Ten as costas, parte do papo e o ventre marrón, as ás brancas, azuis e negras, a mitra branca e o rabo negro. O resto do papo é branco e a cabeza á branca e negra. Non lle gusta a presenza humana e só por acercase ao seu niño abandónao.
Pega rabilonga (Pica pica)
Mide entre 40 e 50 cm . Ten o papo branco, a punta das ás brancas e unha franxa entre as ás e a cabeza brancos. O resto do corpo é negro.
![]() |
Pega rabilonga |
Perdiz rubia (Alectoris rufa)
Mide case 35 cm e é estival. Ten as costas, a mitra e o rabo azul cincento, as ás griscaceas con riscas verticais brancas e arrubiadas e o curuto gris A cara tena branca, exceptuando a risca ocular, que é negra, a igual cá parte do papo de máis cerca da cara. O resto do papo é gris e o ventre alaranxado. A súa forma é similar á dunha pita.
Peto real (Dendrocopos major)
Mide case 25 cm . O macho ten as costas, o rabo, gran parte das ás, a cabeza e parte das fazulas negras, o ventre cor crema e a parte do ventre próxima ao rabo e parte do curuto vermellos. O resto do corpo é branco.
Peto verdeal (Picus viridis)
Mide case 35 cm . Ten o curuto vermello, As costas e as ás verdes, estas últimas riscadas de branco e negro na punta, mitra amarela e rabo verde riscado de negro. A cara, o papo e o ventre son brancos. O macho diferénciase da femia en que o no macho unha risca de debaixo de ollo é vermella e na femia negra.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
Mide uns 15 cm e é invernal. Ten as costas, as ás, o rabo e a cabeza pardas riscadas cunha risca alar de puntos negros. O papo e o ventre tenos brancos riscados de negro con unhas zonas amarelas debaixo das ás.
Pica dos prados |
Picafollas europeo (Phylloscopus collybita)
Mide pouco máis de 10 cm e é invernante. Ten as costas, as ás, a cabeza e o rabo pardos, e o papo e o ventre brancos. Ten unha risca ocular branca.
Picafollas europeo |
Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus)
Mide máis de 10 cm e é estival. Ten as ás, as costas, o rabo e a cabeza oliváceos, risca ocular branca e o ventre e o papo brancos verdosos.
Picanzo vermello (Lanius collurio)
Mide máis de 10 cm e é estival. Ten as ás, as costas, o rabo e a cabeza oliváceos, risca ocular branca e o ventre e o papo brancos verdosos.
Picafollas ibérico |
Mide uns 17 cm. e é estival. O macho ten a cabeza e a mitra grises, as costas pardas avermelladas, as ás pardas, o rabo negro e a cara branca cun antiface negro. o ventre e o papo tenos brancos un pouco avermellados ao acercarse as ás. A femia ten as costas, a cabeza e a cara ata o pico pardos, a mitra gris, o rabo negro e as ás pardas. O vetre e o papo tenos brancos pardentos.
Piquelo azul (Sitta europaea)
Mide case 15 cm . Ten as costas e as ás azuis, estas últimas riscadas de branco, o rabo azul, branco, e negro, a cara branca e o papo cremoso que ao irse acercando ao ventre se vai volvendo pardo alaranxado. Sobe e baixa andando dos árbores.
Pimpín común (Fringilla coelebs)
Mide 15 cm . O macho ten o curuto e unha banda entre as costas e as ás azuis, o papo, parte do ventre, as costas e a cara laranxas ou vermellas. As ás e o rabo son negros e as riscas alares (dúas por á) e parte do ventre brancos. A mitra e olivácea. A femia é parecida pero ás partes vermellas do macho nela son pardas.
Pimpín común (femia) |
Pimpín común (macho) |
Pincaouro común (Carduelis spinus)
Mide pouco máis de 11 cm e é invernante (aínda que escaso). O macho ten o curuto e parte do papo negro, as costas grises amareladas, a mitra amarela, as ás predominantemente negras con moitas riscas amarelas e o ventre branco. A femia e case igual pero sen o curuto nin o papo negros.
Pincaouro común (macho) |
Pomba doméstica (Columba livia doméstica)
Mide uns 40 cm. É a descendenia dunha especie doméstica e ten numerosas variacións: pode ser case totalmente branca ou negra pero a maioría teñen o peito con irisacións verdes ou violetas.
Pomba doméstica |
Pomba doméstica (grupo) |
![]() |
Variedades de pomba doméstica |
Pombo torcaz (Columba palumbus)
Mide uns 40 cm . Ten as costas, a mitra e a parte máis cercana ao corpo das ás e o rabo grises. O resto das ás e do rabo son negros. O papo é rosáceo e o ventre branco. A cabeza é gris. Ten unha raia branca entre a parte gris das ás e a negra. Tamén ten unha mancha branca no cuello.
Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)
Mide case 15 cm . O macho é negro , pero co rabo laranxa, as ás riscadas de branco e a parte final do ventre tamén branco. A femia en vez de ser predominantemente negra eo olivácea.
Rabirrubio tizón (femia) |
Rabirrubio tizón (macho) |
Rabirrubio tizón (grupo) (novos) |
Rula común (Streptopelia turtur)
Tordo charlo (Turdus viscivorus)
Mide case 30 cm . Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo marróns. O ventre, a cata e o papo tenos cor crema pero moi pencados de negro.
Tordo común (Turdus philomeos)
Mide pouco máis de 20 cm . Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo pardos, parte do ventre e branco e o resto del, a cara e o papo son cremosos pencados de marrón. Come caracois que abre co seu pico contra unha pedra.
Vencello común (Apus apus)
Mide uns 18 cm e é estival. Esceptuando o papo e totalmente negro, ten o rabo gallado, as ás moi longas e está case continuamente voando.
Verderolo común (Carduelis chloris)
Mide 15 cm . O macho ten a cara gris, as ás grises raiadas de negro e amarelo e o resto do corpo verde amarelado. A femia é parecida pero ten as costas e o papo grises.
Verderolo común (femia) |
Verderolo común (macho) |
Verderolo común (parella) |
Xílgaro común (Carduelis carduelis)
Mide pouco máis de 12 cm. Ten as costas e parte da mitra pardas, o resto da mitra branca e o rabo negro. Nas ás ten dúás raias negras e unha amarela no medio. Ten o curuto negro e a cara vermella e branca. Tamén ten o papo e o ventre brancos.
Xílgaro común |
Xílgaro común (parella) |
Xílgaro común (novo) |
Xílgaro común (novo) (grupo) |
Mide case 12 cm . O macho ten as costas e as ás grises e moi escuras, o rabo negro, a mitra amarela, o papo tamén amarelo, o ventre branco e a cara amarela e gris. A femia é case igual pero co papo e o ventre pencados de gris.
No hay comentarios:
Publicar un comentario