lunes, 25 de junio de 2012

Ferreiriño cristado (Parus cristatus)

Ferreiriño cristado
Dos ferreiriños que se poden ver é probablemente o menos frecuente, aínda que tamén é díficil de ver por estar ligado aos pinares, coma o ferreiriño común. De feito é parecido a este exceptuando o seu rasgo característico, que o fai imposible de confundir: a súa crista, que está composta por rombos blancos e negros. Tamén ten un canto caractéristico: "pi pi chrrrrrr". É unha definición mediocre. As fotos do fondo son dun ferreiriño cristado que inda non voaba. O problema que tiña era un párasito nas costas, non sabía moi ben que facer pero finalmente quiteillo e deixei ao paxaro onde o atopei.
Ferreiriño cristado
Ferreiriño cristado novo


Ferreiriño cristado novo

Ferreiriño cristado novo cun parásito

sábado, 16 de junio de 2012

Ferreiriño común (Parus ater)

Ferreiriño común
Ainda que é frecuente non é moi fácil de ver se non se busca no lugar adecuado, porque é case exclusivo dos piñeirais. Igual ca o bacachís ten a costume de pendurarse das polas. É moi fácil velo en pequenos grupos cantando desde a cima dos piñeiros.

Ferreiriño común

Ferreiriño bacachís (Parus caeruleus)

Ferreiriño bacachís
Grácil, enérxico e probablemente o máis belo dos ferreiriños. Tamén é o que máis se move, o máis inquedo. É difícil de diferenciar do abelleiro polo aspecto, pero a súa mobilidade é totalmente distinta. Ten esa costume típica nos ferreiriños de pendurarse cabeza abaixo nas polas.

Ferreiriño bacachís
Ferrreiriña bacachís (novo)

domingo, 10 de junio de 2012

Ferreiriño abelleiro (Parus major)

Ferreiriño abelleiro
É probablemente o máis común dos ferreiriños agora mesmo, ou polo menos o máis facil de ver, porque o común e o cristado viven nos pinares. É bastante tranquilo para ser un ferreiriño, pois gran parte dos outros móvense todo o tempo. É bastante confiado, acercase bastante ao home.
Ferreiriño abelleiro