sábado, 3 de noviembre de 2012

Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)

Escribenta liñaceira
Todas as escribentas teñen algúns rasgos en común, entre os que está o ter a cara con raias definidas, especialmente os machos. Como por Galicia é a especie de escribenta máis común, e as outras poucas especies son moi diferentes esta especie é fácil de recoñecer. Son confiadas de vistosas coas súas cores amarelas.

Escribenta liñaceira (femia)

Escribenta liñaceira (macho)

jueves, 1 de noviembre de 2012

Pega rabilonga (Pica pica)

Pega rabilonga
Non é fácil vela no medio do monte, pero tanto en cidades como na maioría de aldeas e pobos son moi comúns. A simple vista parecen brancas e negras, pero se se miran ben as zonas negras case sempre se notan as irisacións verdes e azuis que teñen. O seu canto é similar a unha gargallada.
Pega rabilonga

martes, 11 de septiembre de 2012

Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)

Gaivota patiamarela
Desta especie son a gran maioría das gaivotas que se poden ver, especialmente no verán, cando só hai dúas especies de gaivota: esta e a chorona. Son moi confiadas e en zonas urbanas, ás cales están moi habituadas. Se ademais hai comida presente e posible acercarse moitísimo a elas.

Gaivota patiamarela


Gaivota patiamarela (bandada)
Gaivota patiamarela (2º ano)

martes, 4 de septiembre de 2012

Merlo común (Turdus merula)

Merlo común
Como o seu propio nome di e realmente común, e ademais está moi acostumado á xente. Tanto nas aldeas coma no monte vese por todas as partes, e non so se ve, se non que tamén se oe o canto característico que ten cando escapa das persoas. O macho é totalmente inconfundible, pois é totalmente negro e ten o bico moi laranxa. As cores da femia parécense un pouco máis ás dun tordo, pero este último é moito máis claro, e do estorniño e facilmente diferenciable, pois o merlo ten unha forma máis "rechoncha" e unha maneira moi singular de andar a saltos.
Merlo común (femia)


Merlo común (macho)
Merlo común (novo)

jueves, 30 de agosto de 2012

Corvo viaraz (Corvus corone)

Corvo viaraz
Esté córvido tamén é chamado corvo pequeno, pola comparación co corvo carnazal, ou grande, aínda que o primeiro é máis común. É extremadamente coñecido, e é tamén xeralmente odiado e perseguido, pois come as colleitas sementadas e o millo, ademáis de outros cultivos humanos. As súas cores son totalmente inconfundibles: un negro absoluto, só parecido o do merlo, pero este e moito máis pequeno. Outro motivo que non lle dá ao corvo moita popularidade e que come carniza.
Corvo viaraz

Corvo viaraz (parella)

miércoles, 22 de agosto de 2012

Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)

Estreliña riscada
A estreliña e a ave máis pequena de Galicia, pero non a riscada se non a dos piñeiros, que é moito menos común, pero a diferencia é mínima. Pode parecer menor ca o carrizo pero esto pode deberse a que o carrizo leva frecuentemente o rabo ergueito. É unha ave inqueda, coma os ferreiriños pero máis pequena. O seu habitat máis común son os piñeirais, pero non e exclusivo. As súas cores non son moi rechamantes, a excepción da creta laranxa ou amarela (para o macho ou a femia, respectivamente) que luce.
Estreliña riscada 


Estreliña riscada (aterrizando)

Cegoña branca (Ciconia ciconia)

Cegoña branca
Antes a cegoña estaba só polas zonas cálidas de Galicia, e só se quedaba no verán. Actualmente estase estendendo cada ano e a súa presenza xa abarca a mairoría de Galicia. Ademais en certas zonas quédase ata no inverno. A única ave das que se poden ver polo interior á cal se parece minimamente é á garza real, pero o plumaxe desta é moito máis gris. No verán pode verse a cegoña en grupos grandes buscando comida nos campos de cultivo.
Cegoña branca



Cegoña branca (voando)
Cegoña branca (grupo)

martes, 21 de agosto de 2012

Piquelo azul (Sitta europaea)

Piquelo azul
Sube polas árbores igual ca o gabeador común, aínda que hai unha diferencia na súa forma de facelo: o gabeador só ascende polos troncos e o piquelo tamén descende agarrado a eles. Polo demais non se parece moito a este. As cores do piquelo azul son rechamantes e a súa forma e coma a de calquera outro paxaro.
Piquelo azul nunha postura típica

Piquelo azul con un insecto no pico

Piquelo azul subindo polo tronco dunha árbore

Gabeador común (Certhia brachydactyla)

Gabeador común
A pesar de que as súas cores son especialmente discretas e de que se mimetiza totalmente no entorno (tal vez precisamente por iso) é totalmente inconfundible. A maneira que ten de ascender polos troncos das arbores e moi característico, practicamente só o comparte co piquelo azul. Ademais da súa maneira de gabear polas árbores ten outras características que fan deste un paxaro particular: o seu longo rabo e o seu bico, tamén longo e gallado.
Gabeador común

Chasco común (Saxicola torquata)

Chasco común
É un paxaro pequeno e inquedo con un chasquido característico que lle da nome. Non é difícil velo en sitios con moitos toxos, xestas e maleza en xeral. De frente pode ser confundido con un paporrubio pero a escuridade da súa espalda diferénciao totalmente deste.
Chasco común (femia)
Chasco común (macho) (estival)

Chasco común (macho) (plumaxe intermedio)

lunes, 25 de junio de 2012

Ferreiriño cristado (Parus cristatus)

Ferreiriño cristado
Dos ferreiriños que se poden ver é probablemente o menos frecuente, aínda que tamén é díficil de ver por estar ligado aos pinares, coma o ferreiriño común. De feito é parecido a este exceptuando o seu rasgo característico, que o fai imposible de confundir: a súa crista, que está composta por rombos blancos e negros. Tamén ten un canto caractéristico: "pi pi chrrrrrr". É unha definición mediocre. As fotos do fondo son dun ferreiriño cristado que inda non voaba. O problema que tiña era un párasito nas costas, non sabía moi ben que facer pero finalmente quiteillo e deixei ao paxaro onde o atopei.
Ferreiriño cristado
Ferreiriño cristado novo


Ferreiriño cristado novo

Ferreiriño cristado novo cun parásito

sábado, 16 de junio de 2012

Ferreiriño común (Parus ater)

Ferreiriño común
Ainda que é frecuente non é moi fácil de ver se non se busca no lugar adecuado, porque é case exclusivo dos piñeirais. Igual ca o bacachís ten a costume de pendurarse das polas. É moi fácil velo en pequenos grupos cantando desde a cima dos piñeiros.

Ferreiriño común

Ferreiriño bacachís (Parus caeruleus)

Ferreiriño bacachís
Grácil, enérxico e probablemente o máis belo dos ferreiriños. Tamén é o que máis se move, o máis inquedo. É difícil de diferenciar do abelleiro polo aspecto, pero a súa mobilidade é totalmente distinta. Ten esa costume típica nos ferreiriños de pendurarse cabeza abaixo nas polas.

Ferreiriño bacachís
Ferrreiriña bacachís (novo)

domingo, 10 de junio de 2012

Ferreiriño abelleiro (Parus major)

Ferreiriño abelleiro
É probablemente o máis común dos ferreiriños agora mesmo, ou polo menos o máis facil de ver, porque o común e o cristado viven nos pinares. É bastante tranquilo para ser un ferreiriño, pois gran parte dos outros móvense todo o tempo. É bastante confiado, acercase bastante ao home.
Ferreiriño abelleiro

sábado, 19 de mayo de 2012

Carrizo común (Troglodytes troglodytes)


Carrizo común
É o segundo paxaro máis pequeno dos que se poden ver por aquí, despois da estreliña riscada. O seu tamaño e a súa costume de ter o rabo cara arriba case continuamente fano inconfundible. Tamén os seus niños son facilmente recoñecibles, pois fan niños esféricos, cunha pequena abertura lateral.
Carrizo común
Carrizo común (novo)

Ouriolo común (Oriolus oriolus)


Ouriolo común
Poderíase dicir que é o páxaro máis belo de Galicia, polo menos os machos, coas súas cores amarelas e negras. As femias teñen uns tons verdes máis discretos. Ademais do seu aspecto, teñen outros rasgos característicos, coma que penduran os seus niños con cordóns das polas altas ou que son extremadamente esquivos e asustadizos, polo que viven, en xeral, lexos das persoas.
Ouriolo común (macho, novo)

Pardal orelleiro (Passer montanus)


Pardal orelleiro
Tamén chamado nabiñeiro, garda un gran parecido co pardal común (macho principalmente), ainda que o seu número é menor e ten algunhas diferencias apreciables: o seu papo é menos escuro; ten dúas pencas negras nas meixelas (o que lle dá nome a especie a pesar de que obviamente estas marcas non teñan ningunha relación co seu sistema auditivo); é lixeiramente máis pequeno ca o pardal común; e ten a caluga marrón, non coma a do común que é gris.
Pardal común

Pardal común (parella)
Pardal orelleiro (grupo)

Pardal común (Passer domesticus)


Pardal común
É probablemente a ave máis común en Galicia, sendo máis coñecido polo nome de gorrión. Digo probablemente porque, inda que sexa o que máis se ve porque o seu habitat está estrictamente ligado a asentamentos humanos, eso non quere dicir que sexa o máis abundante. Polo demais tampouco é unha ave moi destacable, non ten unha cor rechamante, fai niños normais, o seu tamaño é o típico dun paxaro... Si que ten un ritual de apareamento curioso, levantando o macho as ás é dando voltas arredor da femia, pero outros páxaros fan máis ou menos o mesmo.
Pardal común (femia)

Pardal común (macho)

sábado, 21 de abril de 2012

Garza real (Ardea cinerea)


Garza real
É unha garza de bon tamaño e non demasiado ligado a auga, dentro do que pode sendo unha ave propia de zonas húmidas. Pode verse por toda Galicia, non só cerca do mar ou lagose está aquí durante todo o ano. A pesar de que a altura é a forma coinciden coa da cegoña son facilmente diferenciables polas súas cores, sendo a garza gris e co pico e as patas tamén de cores discretos, e a cegoña branca e co pico e as patas cor laranxa.
Garza real (habitat terrestre)

Garza real (habitat mariño)



Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)


Lagarteiro común
A forma máis usual de velo é voando enriba dunha zona concreta durante horas ou días, frecuentemente en parella e, cando é así, emitindo o seu repetitivo canto. Aliméntase de (evidentemente) reptís sobre os cales se tira en picado cando sobrevoa en círculos o lugar.
Lagarteiro peneireiro (voando)

Miñato común (Buteo buteo)


Miñato común
Con diferencia a máis común das rapaces galegas. Come especialmente pequeno mamíferos, non coma un gabián, que se alimenta de outras aves, ou coma un lagarteiro, do cal dudo que faga falta dicir que come. O miñato vese con frecuencia en postes e cables do tendido eléctrico, ou sobrevoando unha zona en busca de presas.
Miñato común
Miñato común (voando)
Miñato común (grupo)



Cuco común (Cuculus canorus)

Cuco común 
É unha ave da que todo o mundo oíu falar, pero pouca xente debe saber do seu aspecto. De todas formas tampouco é moi chamativo, coas súas cores pardas é grisáceas. O que si que é característico del son o seu canto (cu cu, cu cu) do cal provén o seu nome e o seu tipo especial de parasitismo. Así, en vez de facer un niño, deixa os ovos no niño doutro paxaro pequeno coma un pardal orelleiro, unha lavandeira, un picafollas... para que estes llo cuiden. Con frecuencia a ave hóspede acaba alimentando a un paxaro máis grande ca el. O da foto puido ser visto porque por casualidade se acercou a unha aldea.
Cuco común

Cuco común

Cuco común

Xílgaro común (Carduelis carduelis)


Xílgaro común
É coñecido polo seu melodioso canto, ainda que ao mellor non tanta xente o coñeza pola súa beleza, coas manchas amarelas das ás e o vermello da súa cara. É menos abundante ca outros membros da súa familia, quizas pola súa dieta na cal as sementes dos cardos son básicos, de ahí o seu nome científico, Carduelis carduelis. Cando son novos son menos caractéristicos porque a cor da súa cara é marrón.

Xílgaro común


Xílgaro común (parella)
Xílgaro común (novo)
Xílgaro común (novo) (grupo)