sábado, 21 de abril de 2012

Garza real (Ardea cinerea)


Garza real
É unha garza de bon tamaño e non demasiado ligado a auga, dentro do que pode sendo unha ave propia de zonas húmidas. Pode verse por toda Galicia, non só cerca do mar ou lagose está aquí durante todo o ano. A pesar de que a altura é a forma coinciden coa da cegoña son facilmente diferenciables polas súas cores, sendo a garza gris e co pico e as patas tamén de cores discretos, e a cegoña branca e co pico e as patas cor laranxa.
Garza real (habitat terrestre)

Garza real (habitat mariño)



Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)


Lagarteiro común
A forma máis usual de velo é voando enriba dunha zona concreta durante horas ou días, frecuentemente en parella e, cando é así, emitindo o seu repetitivo canto. Aliméntase de (evidentemente) reptís sobre os cales se tira en picado cando sobrevoa en círculos o lugar.
Lagarteiro peneireiro (voando)

Miñato común (Buteo buteo)


Miñato común
Con diferencia a máis común das rapaces galegas. Come especialmente pequeno mamíferos, non coma un gabián, que se alimenta de outras aves, ou coma un lagarteiro, do cal dudo que faga falta dicir que come. O miñato vese con frecuencia en postes e cables do tendido eléctrico, ou sobrevoando unha zona en busca de presas.
Miñato común
Miñato común (voando)
Miñato común (grupo)



Cuco común (Cuculus canorus)

Cuco común 
É unha ave da que todo o mundo oíu falar, pero pouca xente debe saber do seu aspecto. De todas formas tampouco é moi chamativo, coas súas cores pardas é grisáceas. O que si que é característico del son o seu canto (cu cu, cu cu) do cal provén o seu nome e o seu tipo especial de parasitismo. Así, en vez de facer un niño, deixa os ovos no niño doutro paxaro pequeno coma un pardal orelleiro, unha lavandeira, un picafollas... para que estes llo cuiden. Con frecuencia a ave hóspede acaba alimentando a un paxaro máis grande ca el. O da foto puido ser visto porque por casualidade se acercou a unha aldea.
Cuco común

Cuco común

Cuco común

Xílgaro común (Carduelis carduelis)


Xílgaro común
É coñecido polo seu melodioso canto, ainda que ao mellor non tanta xente o coñeza pola súa beleza, coas manchas amarelas das ás e o vermello da súa cara. É menos abundante ca outros membros da súa familia, quizas pola súa dieta na cal as sementes dos cardos son básicos, de ahí o seu nome científico, Carduelis carduelis. Cando son novos son menos caractéristicos porque a cor da súa cara é marrón.

Xílgaro común


Xílgaro común (parella)
Xílgaro común (novo)
Xílgaro común (novo) (grupo)

Xirín común (Serinus serinus)


Xirín común
É un familiar do canario, o que se nota no canto que emite en primavera, non moi boito pero si largo, complicado e orixinal. Durante esta época é frecuente velo cantando dende algún sitio alto: a punta dunha árbore, un cable...

Xirín común (femia)



Xirín común (macho)
Xirín común (parella)


Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)


Rabirrubio tizón
Moi común é en expansión, probablemente porque se afai con moita facilidade a xente, de forma que aínda que o seu hábitat serían altas paredes e cantís pode aniñar sen problemas en edificacións con ocos, vivindo así en aldeas, vilas e cidades. É facil recoñecelo polo seu movemento nervioso do rabo, ainda que outras especies coma o chasco ou (dunha maneira diferente) a lavandeira o compartan.

Rabirrubio tizón (femia)
Rabirrubio tizón (macho)
Rabirrubio tizón (grupo) (novos)

Verderolo común (Carduelis chloris)


Verderolo común
Belo e fácil de atopar, de feito cerca de calquera aldea (non lle valen as cidades) está asegurada a presenza dalgúns. Ten un pico groso e rosado (propio da súa familia, os frinxílidos) co que come sementes. 

Verderolo común (femia)


Verderolo común (macho)

Verderolo común (parella)

Pincaouro común (Carduelis spinus)


Pincaouro común
Tamén chamado úbalo so se achega a Galicia cando os invernos no norte de Europa (que é onde el aniña) son demasiado fríos, polo tanto non é moi fácil de ver, párecese bastante ao xirín, pero coma case todos os que se ven son desta última especie a confusión é infrecuente. De todas formas o aspecto, e especialmente o canto permiten diferencialos.


Pincaouro común (macho)

Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)


Paporrubio real
Moito máis colorido (polo menos o macho) pero tamen moito máis perxudicial para o campo ca o paporrubio común, pois un dos seus alimentos durante a primavera son os gromos das flores das árbores, que pica e come antes de que a flor chegue a apareces. Ainda que se vexa especialmente na primavera poque é cando se achega ás hortas para comer pasa todo o ano en Galicia.
Paporrubio real (femia)



Paporrubio real (macho)


Paporrubio real (parella)


sábado, 14 de abril de 2012

Paporrubio común (Erithacus rubecula)

Paporrubio común
É seguramente o paxaro máis amistoso e confiado coa xente, pero a pesar disto con relación ao resto das aves e territorial e incluso hostil. De todas formas e unha ave realmente grácil chegando a acostmarse ao ser humano ata o punto de achegarse voluntariamente a el. Ademais disto ten un bonito canto e non interfire coas actividades humanas o que a pesar de ser precioso fai que o paporrubio real por exemplo non sexa tan querido. As tres fotos son do mesmo paxaro, vese como foi avanzando a coloración das súas plumas

Paporrubio común

Paporrubio común (algo novo)

Paporrubio común (novo)