Pardal común
É probablemente a ave máis
común en Galicia, sendo máis coñecido polo nome de gorrión. Digo probablemente
porque, inda que sexa o que máis se ve porque o seu habitat está estrictamente
ligado a asentamentos humanos, eso non quere dicir que sexa o máis abundante.
Polo demais tampouco é unha ave moi destacable, non ten unha cor rechamante,
fai niños normais, o seu tamaño é o típico dun paxaro... Si que ten un ritual
de apareamento curioso, levantando o macho as ás é dando voltas arredor da femia,
pero outros páxaros fan máis ou menos o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario