sábado, 3 de noviembre de 2012

Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)

Escribenta liñaceira
Todas as escribentas teñen algúns rasgos en común, entre os que está o ter a cara con raias definidas, especialmente os machos. Como por Galicia é a especie de escribenta máis común, e as outras poucas especies son moi diferentes esta especie é fácil de recoñecer. Son confiadas de vistosas coas súas cores amarelas.

Escribenta liñaceira (femia)

Escribenta liñaceira (macho)

jueves, 1 de noviembre de 2012

Pega rabilonga (Pica pica)

Pega rabilonga
Non é fácil vela no medio do monte, pero tanto en cidades como na maioría de aldeas e pobos son moi comúns. A simple vista parecen brancas e negras, pero se se miran ben as zonas negras case sempre se notan as irisacións verdes e azuis que teñen. O seu canto é similar a unha gargallada.
Pega rabilonga

martes, 11 de septiembre de 2012

Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)

Gaivota patiamarela
Desta especie son a gran maioría das gaivotas que se poden ver, especialmente no verán, cando só hai dúas especies de gaivota: esta e a chorona. Son moi confiadas e en zonas urbanas, ás cales están moi habituadas. Se ademais hai comida presente e posible acercarse moitísimo a elas.

Gaivota patiamarela


Gaivota patiamarela (bandada)
Gaivota patiamarela (2º ano)

martes, 4 de septiembre de 2012

Merlo común (Turdus merula)

Merlo común
Como o seu propio nome di e realmente común, e ademais está moi acostumado á xente. Tanto nas aldeas coma no monte vese por todas as partes, e non so se ve, se non que tamén se oe o canto característico que ten cando escapa das persoas. O macho é totalmente inconfundible, pois é totalmente negro e ten o bico moi laranxa. As cores da femia parécense un pouco máis ás dun tordo, pero este último é moito máis claro, e do estorniño e facilmente diferenciable, pois o merlo ten unha forma máis "rechoncha" e unha maneira moi singular de andar a saltos.
Merlo común (femia)


Merlo común (macho)
Merlo común (novo)

jueves, 30 de agosto de 2012

Corvo viaraz (Corvus corone)

Corvo viaraz
Esté córvido tamén é chamado corvo pequeno, pola comparación co corvo carnazal, ou grande, aínda que o primeiro é máis común. É extremadamente coñecido, e é tamén xeralmente odiado e perseguido, pois come as colleitas sementadas e o millo, ademáis de outros cultivos humanos. As súas cores son totalmente inconfundibles: un negro absoluto, só parecido o do merlo, pero este e moito máis pequeno. Outro motivo que non lle dá ao corvo moita popularidade e que come carniza.
Corvo viaraz

Corvo viaraz (parella)

miércoles, 22 de agosto de 2012

Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)

Estreliña riscada
A estreliña e a ave máis pequena de Galicia, pero non a riscada se non a dos piñeiros, que é moito menos común, pero a diferencia é mínima. Pode parecer menor ca o carrizo pero esto pode deberse a que o carrizo leva frecuentemente o rabo ergueito. É unha ave inqueda, coma os ferreiriños pero máis pequena. O seu habitat máis común son os piñeirais, pero non e exclusivo. As súas cores non son moi rechamantes, a excepción da creta laranxa ou amarela (para o macho ou a femia, respectivamente) que luce.
Estreliña riscada 


Estreliña riscada (aterrizando)

Cegoña branca (Ciconia ciconia)

Cegoña branca
Antes a cegoña estaba só polas zonas cálidas de Galicia, e só se quedaba no verán. Actualmente estase estendendo cada ano e a súa presenza xa abarca a mairoría de Galicia. Ademais en certas zonas quédase ata no inverno. A única ave das que se poden ver polo interior á cal se parece minimamente é á garza real, pero o plumaxe desta é moito máis gris. No verán pode verse a cegoña en grupos grandes buscando comida nos campos de cultivo.
Cegoña branca



Cegoña branca (voando)
Cegoña branca (grupo)