sábado, 19 de mayo de 2012

Carrizo común (Troglodytes troglodytes)


Carrizo común
É o segundo paxaro máis pequeno dos que se poden ver por aquí, despois da estreliña riscada. O seu tamaño e a súa costume de ter o rabo cara arriba case continuamente fano inconfundible. Tamén os seus niños son facilmente recoñecibles, pois fan niños esféricos, cunha pequena abertura lateral.
Carrizo común
Carrizo común (novo)

Ouriolo común (Oriolus oriolus)


Ouriolo común
Poderíase dicir que é o páxaro máis belo de Galicia, polo menos os machos, coas súas cores amarelas e negras. As femias teñen uns tons verdes máis discretos. Ademais do seu aspecto, teñen outros rasgos característicos, coma que penduran os seus niños con cordóns das polas altas ou que son extremadamente esquivos e asustadizos, polo que viven, en xeral, lexos das persoas.
Ouriolo común (macho, novo)

Pardal orelleiro (Passer montanus)


Pardal orelleiro
Tamén chamado nabiñeiro, garda un gran parecido co pardal común (macho principalmente), ainda que o seu número é menor e ten algunhas diferencias apreciables: o seu papo é menos escuro; ten dúas pencas negras nas meixelas (o que lle dá nome a especie a pesar de que obviamente estas marcas non teñan ningunha relación co seu sistema auditivo); é lixeiramente máis pequeno ca o pardal común; e ten a caluga marrón, non coma a do común que é gris.
Pardal común

Pardal común (parella)
Pardal orelleiro (grupo)

Pardal común (Passer domesticus)


Pardal común
É probablemente a ave máis común en Galicia, sendo máis coñecido polo nome de gorrión. Digo probablemente porque, inda que sexa o que máis se ve porque o seu habitat está estrictamente ligado a asentamentos humanos, eso non quere dicir que sexa o máis abundante. Polo demais tampouco é unha ave moi destacable, non ten unha cor rechamante, fai niños normais, o seu tamaño é o típico dun paxaro... Si que ten un ritual de apareamento curioso, levantando o macho as ás é dando voltas arredor da femia, pero outros páxaros fan máis ou menos o mesmo.
Pardal común (femia)

Pardal común (macho)